ÁREAS
Estas son as áreas de traballo nas que se articula o Concello de Redondela. Pulsa sobre calquera delas para coñecelas máis a fondo ou realizar trámites.
ÁREAS
Estas son as áreas de traballo nas que se articula o Concello de Redondela. Pulsa sobre calquera delas para coñecelas máis a fondo ou realizar trámites.
Solicita a túa tarxeta cidadá
Solicita a túa tarxeta cidadá e accede a todos os servizos e vantaxes que temos deseñadas para ti.
Tarxeta cidadá de Redondela.
Máis fácil, máis preto, máis Redondela.

Descarga a App do cidadán
Todas as vantaxes da Tarxeta Cidadá de Redondela no teu móbil.

¿Xogamos?
Reserva a túa pista co noso sistema en liña e non te quedes sen xogar. Servizo exclusivo para cidadáns rexistrados no sistema de Tarxeta Cidadá.

Participación cidadá
Queremos coñecer a túa opinión. Participa nas nosas enquisas, que nada silencie a túa voz. Rexístrate e participa

Deportes en Streaming
Goza da emoción do deporte local. Toda a liga de balonmán ou fútbol sala en directo, para que poidas apoiar ao teu equipo

Xogamos?
Reserva a túa pista co noso sistema en liña e non te quedes sen xogar. Servizo exclusivo para cidadáns rexistrados no sistema de Tarxeta Cidadá.

Participación cidadá
Queremos coñecer a túa opinión. Participa nas nosas enquisas, que nada silencie a túa voz. Rexístrate e participa.

Deportes en Streaming
Goza da emoción do deporte local. Toda a liga de balonmán ou fútbol sala en directo, para que poidas apoiar ao teu equipo
Redondela ao día
Os regos de parques e xardíns reducíronse un 70%
O plan de modernización da rede e a reparación de fugas permite ao Concello aforrar este ano máis de 50.000 metros cúbicos de auga ao mes, sendo un dos poucos municipios da provincia que consegue reducir o seu consumo este ano.
– O Concello de Redondela traballa desde hai meses cun plan de axuste para reducir o consumo de auga nos servizos públicos. “O rego en parques e xardíns recortouse un 70%, os baldeos realízanse só un día por semana e unicamente en zonas puntuais e as duchas das praias permanecen pechadas”, sinala a alcaldesa Digna Rivas.
– A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade traballa desde 2023 nun plan de modernización da rede de abastecemento e reparación de fugas que permite aforrar este ano máis de 50.000 metros cúbicos ao mes, “o que sería o equivalente ao consumo de auga de 3.000 fogares”, explica o concelleiro Roberto Villar.
A falta de choiva e a baixada do nivel dos encoros levou a Augas de Galicia a decretar a “prealerta por seca moderada”, notificación que chegou onte de xeito oficial ao Concello de Redondela. Con todo, desde o goberno local hai xa meses que se traballa cun plan de axuste para reducir o consumo de auga nos servizos públicos. A alcaldesa, Digna Rivas, afirma que “os sistemas de rego en parques e xardíns recortáronse un 70%, os baldeos das rúas limitáronse a un día por semana e só en zonas puntuais, e as duchas das praias permanecen pechadas”. En canto ás fontes ornamentais do municipio que están en funcionamento, son elementos que funcionan cun circuíto pechado de auga que non xera consumo.
Desde o Concello fan un chamamento á cidadanía para que faga un consumo “racional e responsable da auga”. O uso debe limitarse ao consumo doméstico, evitando regos de hortas e xardíns, enchido de piscinas ou lavado de coches.
Plan de mellora na rede de abastecemento
O departamento de Infraestruturas e Sostibilidade que dirixe Roberto Villar traballa desde 2023 nun plan de “boas prácticas” para a modernización da rede de abastecemento de auga e a reparacións de fugas. Estes traballos permitiron aforrar unha media de 50.000 metros cúbicos de auga o mes, “reducimos o gasto de auga ao equivalente de consumo de 3.000 fogares”, explica Villar. “Somos un dos poucos Concellos da provincia de Pontevedra que conseguiu reducir o consumo de auga nos últimos anos”, afirma o edil. Os datos corresponden ao depósito situado en Quintela e que subministra auga para todas as parroquias do municipio, agás Chapela. O obxectivo deste departamento é seguir nesta mesma senda “cun traballo a medio e longo prazo que hai que ir despregando en todas as parroquias”. Trátase de favorecer un uso responsable da auga e optimizar este recurso natural “que é un ben escaso e esencial”. Villar incidiu tamén en que un 30% da poboación do Concello de Redondela non depende destes recursos da rede municipal, xa que se abastecen das comunidades de augas privadas que existen nas diferentes parroquias. Polo de agora ningunha destas comunidades de augas presenta problemas de abastecemento.
O “Novo Manuel”, un símbolo de solidariedade e humanidade na ría
Próximo evento
Redondela, Pontevedra 36800 Spain
