Outros recursos

siguenos-en-facebook

BannerUEedusi2020

 BannerArquivoAudiovisual2017

radioredondela
divisorfinal

farmaciasgarda

O tempo

Proxectos

BannerPaulinaSanchez2017

BannerDEP2017

BannerIdeaRedondelaPXOM2015

BannerApego2015

BanerFondoGalegoCoop

COMEZAN VISITAS GUIADAS POR REDONDELA

 

 CartelVisitasTurismo

 

O vindeiro luns, 26 de xuño, comezarán por vez primeira en Redondela as visitas guiadas pola vila, organizadas polo servizo de Turismo do Concello de Redondela. O itinerario dunha hora de duración comeza na Alameda, ó carón da Oficina de Turismo, onde se poderán face-las reservas. Os grupos, dun máximo de 25 persoas, serán atendidos por guías profesionais dependentes do propio concello. Quen realice a visita poderá coñece-la historia da vila, dende as súas orixes ata o día de hoxe, seguindo o itinerario histórico da nova publicación "A Vila de Redondela", unha guía na que se dá conta, por exemplo, de que a antiga Redondela estaba dividida entre Vilavella e Vilanova. Ou a vinculación ó mar da vila dende as súas orixes ata o século XX, percorrendo edificacións singulares ou exemplos de arquitectura vernácula e certos símbolos de Redondela, como a Coca ou as súas tradicións seculares.

As visitas serán de 19:30 a 20:30. As persoas interesadas en participar deben estar 15 minutos antes na Oficina de Turismo para inscribirse ata pecha-lo número máximo de persoas por visita(25).