Outros recursos

siguenos-en-facebook

BannerUEedusi2020

 BannerArquivoAudiovisual2017

radioredondela
divisorfinal

farmaciasgarda

O tempo

Proxectos

BannerPaulinaSanchez2017

BANNERobradoiroRedemprega2017

BannerIdeaRedondelaPXOM2015

BannerApego2015

BanerFondoGalegoCoop

O CONCELLO DE REDONDELA ENTREGARÁ COMPOSTEIROS EN PRÉSTAMO

BannerComposteiros2017

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela en colaboración con SOGAMA, fará entrega en breve dunha nova partida de composteiros domésticos co fin de seguir o programa de reducir a cantidade de restos orgánicos xerados nos domicilios evitando que vaian parar ao colector verde, e deste xeito baixar o número de toneladas que a diario levan a incinerar
Hai que ser conscientes de que gastar cartos en queimar lixo é como queimar os cartos directamente, e con estas accións preténdese varios propósitos como son: a baixada do custo de máis dun millón de euros que asume cada ano o concello, o manter o prezo que se aplica aos cidadáns por este servizo, a mellora do medio ambiente no sentido máis amplo das súas vantaxes e a creación dunha compostaxe natural, gratuíto e ecolóxico para autoconsumo, entre outras moitas vantaxes
 
Os interesados en recibir un composteiro para estes fins teñen que reunir unha serie de requisitos como son:

  • Estar empadroado en Redondela
  • Non ter recibido ningún composteiro anteriormente por parte do concello
  • Participar na charla de formación que impartirán técnicos de medio ambiente de Sogama e do concello
  • Aceptar a condición de que se faga un seguemento e asesoramento por parte dos técnicos do concello nos domicilios onde estea instalado o composteiro
  • ANOTARSE previamente enviando un correo electrónico a This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. ou chamando ao 986400300. 

A reserva de composteiros farase por rigurosa orde de chamadas ou recepción dos correos electrónicos.


O día da entrega dos composteiros e asistencia á charla formativa sobre compostaxe comunicarase persoalmente a cada un dos interesados.